Home > Work > O Ceo de Santiago
1 " Os querubes cantan ao redor do trono de luz e tocan guitarras eléctricas Fender Jazzmaster, a través de amplificadores Orange, con moitos pedais EarthQuaker Devices. "
― Alexandre Alphonse , O Ceo de Santiago
2 " A Biblia de Xerusalén di: Calquer ferida, menos a do corazón! É dicir: calquer ferida, menos a da vida. "
3 " Que duro é voltar a nacer! Máis duro aínda volver a morrer!! Que duro é andar de vida en vida!!! Ser sen saber ren, ser sen bo camiño, temor e dúbida de ser ou non ser e un futuro terror programado e programándose continuamente supurando erros e/ou engadindo novas liñas erradas que alongan un mal camiño errado dende a matriz. Sufrir pola vida e pola luz e non saber a onde vou nin onde estou! Peixe agonizante na cuberta dun barco sen mariñeiros, picado por albatros moribundos e xa uliscado polos primeiros lirios en abandoar a embarcación. "
4 " Aínda cres, nun estrato moi profundo do teu inconsciente, soñar que soñas nun soño onde soñas que non podes escapar dun soño que sabes que estás a soñar, pero, Sabela, miña filla, a miña santa compaña bastará para sandar. "