Home > Work > Pelerinaxes I
1 " A estrada, sobre todo a de primeira orde, impón ao peregrino un certo senso de obrigación, tiranicamente, sentido ao canalizar o andar e os pensamentos. "
― Ramón Otero Pedrayo , Pelerinaxes I
2 " Algún día escribirase a ética e a estética social do auto de liña. Por eles achéganse as vilas galegas. Dunha a outra non se desfai a corrente do pensamento. Non se impón cos ritos do tren que trazan unha paréntese infranqueable entre a saída e a chegada. Interponse demasiado ferro, e carbón. Canalizan os raís e o andén. O auto chega como un transquilométrico, cun certo modo de navega polo vagantío da estrada. Óllase o movemento das mans do piloto. Deixa ronsel. "
3 " Na pelerinaxe artística ou de sinxela emoción de terras, as paisaxes fan collidas da man, cinguidas polo andar (loce a figura dun ouso, dunha portada en nós e xa outros asoman ao lonxe como os navíos na comba do mar; as paisaxes saen unhas creadas polas outras, ou como os artellos dun anteollo que se vai abrindo) zodíacos que cruzan o peito da terra nai. "